Co obxectivo de promocionar e defender a calidade do seu bivalvo máis internacional a Organización de Produtores Pesqueiros Parquistas de Carril celebra mañá domingo unha das citas máis esperadas na Ría de Arousa.
O XVII Capítulo da Orde da Ameixa de Carril regresa ao Pazo da Golpelleira para exalar a súa calidade gastronómica e turística unha edición máis, reunindo cofrades de varias zonas de España e Portugal, nun evento que combinará a solemnidade coa degustación deste produto estrela.
A xornada comezará ás 11:45, coa recepción das autoridades, dos membros da Orde da Ameixa do Carril, abanderada por José Luis Villanueva Vicente, e das diferentes cofradías gastronómicas e enófilas.
Con amenización musical do grupo de gaitas Xirifeiros de Carril, o evento comezará oficialmente ás 12:30h, co nomeamento das Donas e Cabaleiros.
Este ano,o título de Donas será para Milagros Señorans García e María Martínez Allegue, mentres que Juan Andres Pérez Pérez recibe o de Cabaleiro.Un nomeamento co que se converten en embaixadores das ameixas dentro e fora do territorio.
Ademais, entregaránse outros premios, como son: a Ameixa de Ouro (para os Mozos de Arousa), a Ameixa de Prata (Pazo da Golpelleira), Parquista de Honra (Santiago Fernandez Vilas) e Parquista Xoven (Carlos Romero Viturro).
Tras as distincións, os asistentes disfrutarán dun showcooking a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro, que utilizará, como non podería ser doutra forma, a ameixa de Carril como ingrediente principal. Ademais, baixo incripción previa, terá lugar unha degustación de este produto.
A Orde da Ameixa é o buque insignia da promoción e imaxe da ameixa do Carril, que logrou abrirse camiño e facer nome propio no mercado nacional e internacional.
Un éxito rotundo froito do traballo e sacrificio dos parquistas, homes e mulleres, que cultival o mar de forma artesanal, con paciencia e coidado, creando así unha marca que identifica ao produto (con alto rendimento en carne e textura especial) e garantiza ao comprador que está ante a auténtica ameixa do Carril, que só se pode dar nas augas de Arousa.
Fuente: Faro de Vigo