Especie e tamaños mínimos
Así, os bivalvos clasifícanse segundo especie -xa sexa ameixa babosa, fina, xapónica ou berberecho- e tamaño, de acordo aos tamaños mínimos de recolección e venda. Estes atópanse supervisados pola organización, seguindo a regulación da Orde do 27 de xullo de 2012 da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tras esta selección inicial, os bivalvos que cumpran cos requisitos do selo “Ameixa de Carril”, pésanse e documéntase a súa rastrexabilidade, tal e como estipula a normativa. O produto preséntase en caixas lavables para poder ser poxado en lonxa ou vendido directamente a outros compradores autorizados. Unha vez realizada a primeira venda, os bivalvos trasládanse ás depuradoras para obter as garantías sanitarias esixidas legalmente para o seu consumo.
Promoción de vendas
Desde Parquistas de Carril promoven a venda do produto a través da lonxa, dada a estreita colaboración que se mantén coa Confraría de pescadores «Santiago Apóstolo» de Carril. Deste xeito, favorécese a realización do maior número de vendas posible a través desta canle.
Parquistas de Carril aposta pola calidade dos seus produtos realizando un seguimento exhaustivo de todos os procesos que se producen para conseguir un produto único no mundo. Precisamente, este labor é o que ofrece todas as garantías para o consumidor, especialmente naqueles produtos que conteñen o selo “Ameixas de Carril”.