O proxecto RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Trátase dun proxecto de colaboración entre GALPs, no que forma parte o GALP Ría de Arousa.
Máis información nos vindeiros días. Podedes seguilos en Facebook (RELEVO 2020) e en instagram (RELEVO 2020) e entrar no enlace relevo2020.org que estará dispoñible con toda a información e formulario de inscripción, xa na vindeira semana.