Logo de que o concello de Vilagarcdía ordenase o precintado das naves dos Parquistas de Carril no peirao do Ramal, hoxe o seu presidente cargou contra a xestión do goberno municipal.
José Luis Villanueva considera inxusta a decisión e acusa ao goberno local de estar ao borde da prevaricación.
O presidente dos parquistas defende que os usos que se lle pretendía dar a estas instalacións se axustan á legalidade e que mostra diso son os permisos que lle concedeu a Autoridade Portuaria para instalarse no Ramal.
O concello, pola súa banda, levou a cabo o precintado das instalacións apuntando que na nave se facían tarefas de clasificación e rexistro de moluscos carecendo dos preceptivos permisos habilitantes que debe outorgar a administración municipal.
Fuente: Canal Rias Baixas